
Espacio emitido en directo el 11 de abril de 2026 a las 11h desde Radio El Candil y la Emisora Comunitaria de Leganés.
Pocas personas dudan a estas alturas del declive de esa energía fósil (…)

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol (A Coruña-GZ), convocou o pasado domingo 8 de xuño de 2008 as 12:00 horas, unha nova manifestación que partiu do porto de Ferrol, co fin de visualizar a terríbel equivocación que supón a instalación e posta en marcha da planta regasificadora Reganosa, na súa actual ubicación: a menos de dous quilómetros de núcleos poboacionais coma Mugardos ou Ferrol. Rádio FilispiM 93.9 FM, a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos-Ferrol, realizou un programa especial con conexións en directo durante a manifestación e intervención dos ouvintes. Podedes descargar o especial completo en http://www.opaii.blogspot.com
O feche na Casa do Concello, que dende o 3 de xuño tiñan iniciado os membros do Comité de Emerxencia, co fin de demandar da Corporación un pronunciamiento claro contra a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior de Ría, finalizou ao rematar a manifestación as portas da propia Casa do Concello, onde, nun acto simbólico, os fechados se incorporaron aos manifestantes sendo recibidos cunha grande ovación.
Este 5 de xuño no que se vén de celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, o Comité, en rolda de prensa, puxo de manifesto a necesidade dun desenvolvemento sostíbel baseado en criterios medioambientais e de seguridade. Especialmente no caso Reganosa, a máis grave ameaza dentro da Ría de Ferrol e todo o seu ecosistema global, que de xeito permanente está a poñer en perigo a vida de milleiros de persoas.
A súa xestación e instalación, fraguada entre a Xunta de Fraga, o Grupo Tojeiro e outras empresas privadas, nun Pacto “Confidencial” contra o interese público, así como a súa viabilidade e autorización de funcionamento, outorgada polos gobernos actuais, fan que se trate, do maior caso de corrupción económico-política ocorrido no Estado español nesta democracia.
O Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ratifícase na súa posición mantida desde hai oito anos, de PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA!, á vez que denuncia as novas ameazas que a Planta vai ocasionar:
– Multiplicar por 2,5 a súa capacidade de regasificación, o que suporá multiplicar o volume de auga esterilizada e bombeada.
– Incrementar o perigoso tráfico de gaseiros dentro da ría de Ferrol, que pasarían dos actuais 1,6 mensuais a máis de 4 mensuais.
– Voadura da canle de entrada, para facilitar o tránsito dos gaseiros, coa destrución dun ecosistema protexido e o perigo de danos irreparables ao patrimonio histórico e cultural da súa contorna.
– Distribución do gas en camións cisterna pola rede de estradas galegas, que non é máis que unha operación propagandística e unha irresponsabilidade que pon en risco a toda a poboación circundante.
Podedes descarcar ou ouvir o audio íntegro da retransmisión (2 horas) no sitio http://www.opaii.blogspot.com
Informou Rádio FilispiM, 93.9FM, radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos emitindo dende Ferrol.